Dispón de un total de 17 aulas; 3 laboratorios de física, química e ciencias naturais; talleres de tecnoloxía da ESO, bacharelatos, ciclos formativos, etc.
Descrición do edificio e do seu contorno
O instituto aséntase na periferia do centro urbano do concello de Marín, apenas un quilómetro de distancia do centro da vila, na parroquia de Mogor, no lugar de Chan do Monte no barrio de San Xurxo a escasos metros da estrada de Marín a Bueu.Está composto por varios espacios, cunha superficie de 6300m2, dos cales 2000m2 pertencen a edificacións e o resto pertence a zonas deportivas e axardiñadas.
- Edificio principal, con baixo e dous andares.
- Ximnasio.
- Taller de E.S.O.
- Dous talleres para o ciclo medio de Informática.
- Taller de Instalacións térmicas.
- Dúas pistas polideportivas.
- Zonas de aparcadoiro e xardíns.
Recursos
- Portátiles individuais en Bacharelatos e Ciclos
- Todas as aulas están conectadas en rede
- Salón de actos modernizado
- Canón reproductor de video por aula
- TV e DVD por aula
- Intranet con acceso individual
- Acceso á intranet dende a casa
- Biblioteca informátizada
- Clases bilingües de inglés (en trámite)
- Titorías personalizadas
- Tecnoloxía Informática integrada en todos os aspectos educativos (Moodle, blogs, web, acceso aos recursos informáticos dende calquera punto do centro, acceso aos arquivos dende a casa, …)
Como chegar
O acceso principal realízase por unha pista que parte da estrada comarcal 550, desde o cruce coñecido como “Lavadoiro ou fonte de Mogor” ata o portalón de acceso principal ao recinto (pola fachada lateral dereita) e a unha zona de aparcadoiro (na parte posterior) onde se encontra unha entrada peonil de acceso ao centro.VER NO MAPA DE GOOGLE
Programas aos que estamos adscritos
- Programa CUALE. Cursos de formación complementaria da aprendizaxe de linguas estranxeiras para alumnos e profesores.
- Estadías en empresas de ámbito transacional (FCT e prácticas complementarias)
Servizos
- Servizo de transporte escolar gratis para os alumnos da ESO; tendo que contratar coa empresa o resto do alumnado ou utilizar medios propios.
- Biblioteca, que conta cun profesor encargado de coordinar a súa administración e con un grupo de profesores colaboradores.
- Conserxería, que conta con dous conserxes en horario de diúrno e un e horario de adultos.
- Secretaría- Administración, que conta cun secretario e dúas auxiliares.
- Páxina web, na que se atopa información relativa ó PEC e ó PCC, así como a oferta educativa cos prazos e norma de matrícula respectivos, entre outros Servizos.
- Cafetería, con servizo de en horario de diúrno e adultos.
Estructura organizativa
O cadro de persoal está formado polo profesorado adscrito ós departamentos didácticos, coidadora, persoal de administración, conserxes e limpadoras.Órganos de goberno
Unipersoais: Director, vicedirector, xefe de estudos de diúrno, xefe de estudos de adultos, secretario e xefes de departamento, coordinador da FCT e a coordinadora do Equipo de normalización lingüística.
Colexiados: O consello escolar, constituído por representantes de todos sectores que conforman a comunidade educativa do centro,e claustro de profesores.
Órganos de coordinación docente
- Departamentos didácticos o fronte dos que hai un xefe responsable da coordinación didáctica.
- Comisión de coordinación pedagóxica composta polos xefes de departamento, profesor de pedagoxía terapéutica, coordinadora de normalización lingüística, director e xefes de estudos.
Estructura organizativa do alumnado
- Delegados de grupo.
- Xunta de delegados de grupo.
Titorías e Orientación
- Gabinete de orientación.
- Titorías, contando cada grupo de alumnos cun profesor titor con dedicación de unha hora semanal para atención de alumnos e outra para atención de pais.
- Xuntas de avaliación, constituídas polos profesores do grupo, e na ESO e no Bacharelato tamén polo orientador , na ESO tamén forma parte a profesora de pedagoxía terapéutica.
Comisións mixtas
- Comisión económica, formada por un profesor, un pai, un alumno, o director e o secretario.
- Comisión de disciplina, formada por un profesor, un alumno, un pai , os xefes de estudos o director.
Asociacións
- ANPA, cun presidente o fronte e dous vocais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Cualquiera puede comentar o aportar información en este blog ... pero si se hacen comentarios ofensivos o fuera de lugar se restringirá el acceso a el blog.