Ciclos de Formación Profesional
No IES Chan do Monte ofertamos ciclos superiores e de grao medio de diversas familias de FP. Todos estes ciclos ofértanse en réxime ordinario con horario de mañá agás dúas tardes que completan o horario.Grao medio
- CM06001 Comercio (30 prazas)
- CMIMA01 Instalacións frigoríficas e de climatización (22 prazas)
- CMIFC01 Sistemas microinformáticos e redes (30 prazas)
- CMADG01Xestión administrativa (30 prazas)
- CSIFC01 Administración de sistemas informáticos en rede (30 prazas)
- CSIFC02 Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (30 prazas)
- CS06002 Xestión comercial e márketing (30 prazas)
Grao medio
ZMIMA02 Instalacións de produción de calor
A primeira cifra refírese ao número de horas do módulo e a segunda son as prazas dispoñibles:
- MP0266 Configuración de instalacións caloríficas 107 22
- MP0395 Empresa e iniciativa emprendedora 53 22
- MP0302 Montaxe e mantemento de instalacións caloríficas 192 22
- MP0392 Montaxe e mantemento de instalacións de enerxía solar 87 22
ZMIFC01 Sistemas microinformáticos e redes
A primeira cifra refírese ao número de horas do módulo e a segunda son as prazas dispoñibles:
- MP0223 Aplicacións ofimáticas 240 30
- MP0228 Aplicacións web 123 30
- MP0230 Empresa e iniciativa emprendedora 53 30
- MP0229 Formación e orientación laboral 107 30
- MP0221 Montaxe e mantemento de equipamentos 240 30
- MP0225 Redes locais 213 30
- MP0226 Seguridade informática 140 30
- MP0227 Servizos en rede 157 30
- MP0224 Sistemas operativos en rede 157 30
- MP0222 Sistemas operativos monoposto 160 30
ZMADG01 Xestión administrativa
A primeira cifra refírese ao número de horas do módulo e a segunda son as prazas dispoñibles:
- MP0437 Comunicación empresarial e atención á clientela 123 30
- MP0439 Empresa e administración 123 30
- MP0446 Empresa na aula 156 30
- MP0442 Operacións administrativas de recursos humanos 123 30
- MP0443 Tratamento da documentación contable 105 30
Grao superior
ZSIFC03 Desenvolvemento de aplicacións web
A primeira cifra refírese ao número de horas do módulo e a segunda son as prazas dispoñibles:
- MP0484 Bases de datos 187 30
- MP0487 Contornos de desenvolvemento 107 30
- MP0617 Formación e orientación laboral 107 30
- MP0373Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información 133 30
- MP0485 Programación 240 30
- MP0483 Sistemas informáticos 186 30
Requisitos de acceso
GRAO MEDIOCupo de acceso directo, para as persoas que posúen título da ESO, título de técnico ou titulacións equivalentes.
Cupo de acceso por PCPI, para as persoas que teñen os módulos obrigatorios dos PCPI do curso 2011-2012 e seguintes.
Cupo de acceso por proba, para as persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos e non cumpran os requisitos de carácter académico.
Réxime para persoas adultas
Neste réxime os requisitos de admisión son iguais que no réxime ordinario.
Nota: no réxime de adultos, cando a demanda de prazas supere a oferta, hai establecidos uns criterios de selección, para cada un dos cupos. En cada cupo de acceso ordénanse as persoas solicitantes atendendo a unha puntuación que ten en conta os requisitos de acceso, a experiencia laboral no ámbito profesional do ciclo e os módulos superados no ciclo.
GRAO SUPERIOR
Réxime ordinario
Cando a demanda de prazas supere a oferta establécense os seguintes criterios de selección:
No cupo de acceso directo séguese a seguinte orde de prelación:
Bacharelato con modalidade vinculada e materias preferentes.
Bacharelato con modalidade vinculada e sen materias preferentes.
Bacharelato sen modalidade.
Titulación de técnico superior.
Titulación universitaria.
Dentro de cada unha destas preferencias ordénanse ás persoas solicitantes pola nota media do título, e de existir empate no primeiro bloque, pola nota media das materias preferentes.
No cupo de acceso por probas ordénanse os solicitantes por nota.
Réxime para persoas adultas
Neste réxime os requisitos de admisión son iguais que no réxime ordinario, coa salvidade de que as persoas que carecen de requisitos de acceso poden matricularse nos módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia, sempre que acrediten dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo que desexou cursar. Estas persoas concorreran polo cupo de acceso directo.
Cando a demanda de prazas supere a oferta, hai establecidos uns criterios de selección, para cada un dos cupos. En cada cupo de acceso ordénanse as persoas solicitantes atendendo a unha puntuación que ten en conta os requisitos de acceso, a experiencia laboral no ámbito profesional do ciclo e os módulos superados no ciclo.
Ademais, permítese cursar un ciclo formativo de grao superior quedando exentos de proba a aqueles aspirantes que superen a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
No seguinte enderezo: http://www.edu.xunta.es/fp/probas, atoparedes máis información sobre as probas de acceso (modelos de probas de acceso e unha guía orientativa da proba).
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Cualquiera puede comentar o aportar información en este blog ... pero si se hacen comentarios ofensivos o fuera de lugar se restringirá el acceso a el blog.